xoves, 20 de novembro de 2014

Conexión Vía Láctea









                     








                                    



Onte, 19 de novembro, os alumnos de cuarto da ESO participaron na videoconferencia realizada para toda a galaxia galáctica sobre a novela A esmorga de Blanco Amor . Falouse do gran reto de levala ás pantallas respectando o idioma, a sensibilidade e o ambiente galaico da novela . Os nosos alumnos tiveron oportunidade de falar en directo co director da película, Ignacio Vilar, e cos actores Miguel de Lira, Morris e Karra Elejalde. Este último respostou con moito pormenor á pregunta de como conseguiron rodar a escena do pazo ardendo sen que ardese ningún edificio emblemático do noso patrimonio histórico. Tamén lle preguntamos a Miguel de Lira sobre a complexidade de asumir con naturalidade o galego do interior que aparece recollido na novela; Miguel fixo unha brincadeira contestándonos en uruguaio e salientou, xa en galego, a complexidade idiomática da literatura de Blanco amor, que foi un dos primeiros escritores contemporáneos en utilizar un idioma pangalaico que tiña trazos de moitas variantes dialectais. Preguntamos sobre os orzamentos para a realización da película e moitas cousas máis.
Queremos agradecer a Vía Láctea Filmes a invitación a participar neste evento. Tamén a todo o alumnado que se presentou voluntario para realizar as preguntas e conversar co director e os actores. Ao profesor de TIC, Osvaldo, por axudarnos a establecer a conexión e a todos os que puxeron ao noso dispór todos os medios para levar adiante esta iniciativa: Departamento de dinamización do galego, equipo directivo, etc.

Por último, lembrar que mañá é a estrea da película en todas as salas comerciais das cidades galegas; por primeira vez na historia do cinema galego un produto audiovisual noso ten a consideración e proxección mediática que merece. Parabéns a todos os que o facedes posible!








Enlace permanente de imagen incrustada





mércores, 12 de novembro de 2014

A velliña vella de VICENTE RISCO



UNIDADE DIDÁCTICA co texto íntegro

http://youtu.be/Xu7ZMxWrNNA: VERSIÓN TEATRAL



 




A VELLIÑA VELLA

PRINCIPIO DUNHA HISTORIA

O escudeiro Pay Soares, que non fora na súa vida ao San Andrés de Teixido, ergueuse na súa cova e tomou camiño cara ao Norte.
Camiñando, camiñando, surtiulle unha velliña vella, branca como o luar, de loito vestida. Pay Soares ficou os xoellos no chan e beixoulle os pés.
‐ Por onde vas, Pay Soares?
‐ Lonxe, cara ao norte, ao San Andrés de Teixido.
‐ Non entrarás no ceo se aló non vas...
‐ Ides soiña e tristeira ...
‐ Coroa podía eu levar na miña testa.
‐ Se tiverades fillos que a recadasen!
‐ Logo é certo que o mundo principia unha nova vida?
‐ Andan a crebar as vellas madeas.
‐ Tamén eu vou chamar aos meus fillos ...
E a velliña vella colleu para a vila e chamou á porta dun seu fillo que era avogado.
‐ Veño a que defendas o meu dereito.
‐ Cal é, logo o voso dereito?
‐ Houbo un tempo no que toda esta terra era mina, e os meus fillos tamén eran meus. Mais viñeron os meus veciños e fixéronse donos dos meus eidos, e mais asañáronse na miña honra. E trocaron de tal xeito aos meus fillos, que case non os coñezo, nin eles me coñecen a min. Tanto se imitan aos estraños... E coma ti es avogado, quero que defendas o meu dereito, para que me fagan xustiza, e me volvan os meus fillos, e me volvan o meu casar.
Respondeu o avogado:
‐ Señora, eu non podo defender o voso dereito, que non está escrito en ningún código. Eu non defendo máis que os dereitos que estean amparados pola lei.
E a velliña vella marchou coa alma amargurada pola rúada da orballeira frienta, e foi onda un seu fillo que era escritor.
‐ Onda ti veño para que me defendas. Ti escribes nos papeis e os homes escóitante. Fixéronme inxustiza é tiráronme o que era meu. O meu fillo avogado non me quere defender, porque o
meu dereito non está nos códigos. Mais ti has falar por min, para que a xente faga leis que me amparen.
Respodeu o escritor:
‐ Señora, a xente dáme tino porque lle falo do que ela quere. Quen ten que ver co voso dereito?
Eu non vos podo defender, senón perderei o creto.
E a velliña vella mrachou coa alma amargurada pola rúa choviñenta petar a outra porta. E foi ver a un seu fillo que viñera das Américas con moito diñeiro.
‐ Aquí veño onda ti, poque os que me podían defender, desbotáronme; non queren pedir para min xustiza, nin vingar as aldraxes que me fan. É que me ven pobre. Mais ti darasme os cartos e erguerei todos os meus fillos atrás de min.
Respondeu o americano:
‐ Señora, eu teño que atender cos meus cartos ás obras que traio entre mans: eu fago escolas, asilos e hospitais que pasman á xente e pregoan o meu nome. Se eu vos dera tino, quen me ía chamar gran filántropo?
E a velliña vella fuxiu da vila e principiou a andar por unha corredoira enlamada. Ao pé do camiño, atopou a un dos seus fillos, que era labrego, traballando nun eido.
A velliña vella faloulle:
‐ Eu tiña terras, e xa non as teño; tiña fillos, e os fillos déixanme. Andei a pedir xustiza,
pecháronme todas as portas...
O labrego escoitaba moi atento, botado para adiante, apoiado coas dúas mans no legón.
A velliña vella seguiu:
‐ Andei na vila petando a todas as portas, de todas me botaron. Agora veño onda ti, que me has defender contra todos. Se ti queres, recobrarei as miñas terras, os meus fillos voltarán onda min,
e tornarei ser o que fun.
O labrego respondeu:
‐ Señora, o que a vostede lle pasa, levar, lévame lástima... Afellas que me leva!... Mais neste mundo, cada un goberna a súa vida e procura do seu... Velai está: se viñera un goberno que quitara os foros, que quitara os caciques, que quitara os trabucos...
E revolveuse e seguiu sachando no eido.
A velliña vella, magoada e tristeira foi andando, andando...
O escudeiro Pay Soares tornaba da súa romaxe, en procura da súa campa na igrexa da aldea. No medio da gándara esquiva, atopou a velliña vella, a carón dunha pedra das que chaman pedras
dos xentís.
Estaba petando nela cun croio, para espertar aos que dormen debaixo o sono eterno...




xoves, 6 de novembro de 2014

Se eu fose autor



Se eu fose autor

Se eu fose autor - Cousas de Castelao

Se eu fose autor escribiría unha peza en dous lances. A obriña duraría dez minutos nada máis.

LANCE PRIMEIRO
Érguese o pano e aparece unha corte aldeán. Enriba do estrume hai unha vaca morta. Ó redor da vaca hai unha vella velliña, unha muller avellentada, unha moza garrida, dúas rapaciñas bonitas, un vello petrucio e tres nenos loiros. Todos choran a fío i enxoitan os ollos coas mans. Todos fan o pranto e din cousas tristes que fan rir, ditos paifocos de xentes labregas, angurentas e cobizosas, que pensan que a morte dunha vaca é unha gran desgracia. O pranto debe ter unha gracia choqueira, para que estoupen da risa os de “patio de butacas”.
E cando se fartan de ri-los señoritos, baixará o pano.

LANCE SEGUNDO
Érguese o pano e aparece un estrado elegante, adobiado con moito señorío. Enriba dunha mesa de pés ferrados de bronce, hai unha bandexa de prata, enriba da bandexa hai unha almofada de damasco, enriba da almofada hai unha cadeliña morta. A cadela morta semellará unha folerpa de neve. Ó seu redor chora unha fidalgona e dúas fidalguiñas novas. Todas elas fan o pranto i enxoitan as bágoas con paniños de encaixe. Todas van dicindo, unha a unha, as mesmas parvadas que dixeron os labregos diante da vaca morta, ditos tristes que fan rir, porque a morte dunha cadela non é para tanto.
E cando a xente do galiñeiro se farte de rir a cachón, baixará o pano moi amodiño.




Texto extraído de manuelrivas.com


1. PARALELISMOS
2. SIMBOLOXÍA
3. AUSENCIAS SIGNIFICATIVAS
4. INTERPRETACIÓN
5. ESTILO CASTELAO



xoves, 16 de outubro de 2014

Ramón Cabanillas









A BASILIO ÁLVAREZ

¡Sementador! O trigo dos beirales
mostra as espigas mestas e douradas,
e as segadoras fouces, afiadas,
teñen tráxico brillo de puñales.

O teu verbo, estalante nos pinales,
troca, ó chegar ás chouzas das valgadas,
os salaios das gorxas abafadas
en ruxidos guerreiros e triunfales

A aldea érguese co craror da aurora
agardando a siñal, e non sosega
en axexo de loita vingadora.

¡Xa a lus do sol do mediodía cega,
sementador! ¡Sementador, xa é hora
de da-lo berro e comenza-la sega!
Ramón Cabanillas 





 ( FRAGMENTO)
 Nun nimbo luminoso xorde o bardo adiviño
envolveito en brancuras recendentes de liño,
ollos gazos, profundos, longa barba florida,
cingue a fronte coas hedras da coroa druída
e na man, que reloce como un lirio bendito,
ten a fouce de ouro do litúrxico rito;
a fouce segadora da mandrágora, ao raio
de feitizo e de agoiro dos luares de maio.

É Merlín o profeta, o celta armoricán,
dos silfos e das umias ollado por irmán,
sabedor dos encantos e os máxicos conxuros,
das virtudes das herbas e dos fados escuros,

que nos claros dos bosques e os baixíos costeiros
aprendeu a divina linguaxe dos luceiros;
o bardo das idades, o da secreta ciencia
que a terra fixo súa, impóndolle obediencia
ás augas da riada, aos rochedos do cume,
ás nubes da tormenta, á ardentía do lume.

Impoñente, amosando nativa maxestade,
na mirada un sereno claror de eternidade,
ten os pés -cruz de ouro, folla núa afiada-
sobre o manto da neve unha fúlxida espada.
Aceiro puro e virxe das entrañas da terra,
cos lumes siderais das estrelas en guerra
nas fragas treboantes dos lóstregos forxado,
que no dolmen batido e no Xordán templado,
foille dado a unha raza de homes sans e valentes,
cabeceira de pobos, guiadora de xentes,
para impór unha ciencia, sinalando o camiño
que por riba dos tempos leva ao triunfo diviño.

Ergueito como o pino que as altas nubes fende,
os brazos sarmentosos o bardo aos ceos tende,
e escóitase na noite solemne resoar
a súa voz bruante, sonora como o mar:

Baixo a dozura do ceo
da nobre Galicia irmá
onde pola nosa gloria
inda dourando o fogar
vive aceso o lume sagro
dos claros días do clan,
hai unha illa encantada
de rochedos coral,
esmeralda verdegaia
ao resplandor do luar,
bicada de manseliñas
augas de limpo cristal
na que as sereas ensaian
seu namorante cantar
mentres os pinos lanzales
escoitan voces leviás
que chegan esmorecidas
do misterio de alén-mar.

Nunha furna que galgantes
cerran as ondas do mar,
apreixada nas ferintes
poutas dunha aguia real,
gardada por un dragón
de alento que é solimán,
brillaba a fúlxida espada
Escalibor, o triunfal
aceiro da heroica idade
cantada por Osián,
que ten de ser sobre a Terra
ergueita en céltigas mans,
símbolo, florón e escudo
da Cruz, do Amor e da Paz.

Ramón Cabanillas, Na noite estrelecida, 1926                                   


                     



venres, 26 de setembro de 2014

Cuestións léxicas







Desvíos léxicos from letrasenrede


Pequeno rebobinado das chamadas  desviacións da lingua  estándar. Todo moi cuestionable sobre todo se poñemos ao mesmo nivel as interferencias da lingua oral ou coloquial e as interferencias de linguas veciñas. E moito máis cuestionable aínda se nos poñemos a comparar uns cantos lusismos utilizados por un número moi reducido de falantes coa avalancha de castelanismos usados pola gran maioría da poboación e mesmo dos cargos público, altos e baixos, en funcións.

Empezamos novo curso con moitas novidades e co labor moi diversificado. Un saúdo a todo o alumnado novo e non tan novo do ROU!

xoves, 12 de xuño de 2014

O MONO QUE QUIXO SER ESCRITOR SATÍRICO de AUGUSTO MONTERROSO



AUGUSTO MONTERROSO:  


O MONO QUE QUIXO SER ESCRITOR SATÍRICO



Na selva vivía unha vez un mono que quixo ser escritor satírico. 

Estudou moito, pero pronto se decatou de que para ser escritor satírico lle faltaba coñecer á xente e aplicouse a visitar a todos e  ir aos cócteles e a observalos polo rabo do ollo mentres estaban distraídos coa copa na man. 

Como era de veras gracioso e as súas áxiles piruetas entretiñan os outros animais, en calquera parte era ben recibido e el perfeccionou a arte de ser mellor recibido aínda. 

Non había quen non se encantara coa súa conversa e cando chegaba era agasallado con xúbilo tanto polas monas como polos esposos das monas e polos demais habitantes da selva, ante os cales, por contrarios que fosen a el en política internacional, nacional ou doméstica, se mostraba invariablemente comprensivo; sempre, claro, co ánimo de investigar a fondo a natureza humana e poder retratala nas súas sátiras. 

Así chegou o momento en que entre os animais era o máis experto coñecedor da natureza humana, sen que lle escapase nada. 

Entón, un día dixo vou escribir en contra dos ladróns, e fixouse na Pega, e principiou a facelo con entusiasmo e gozaba e ría e empolicábase de pracer ás árbores polas cousas que se lle ocorrían acerca da Pega; pero de súpeto reflexionou que entre os animais de sociedade que o agasallaban había moitas Pegas e especialmente unha, e que se ían ver retratadas na súa sátira, por suave que a escribise, e desistiu de facelo. 

Despois quixo escribir sobre os oportunistas, e puxo o ollo na Serpe, quen por diferentes medios-auxiliares en realidade da súa arte adulatoria-  lograba sempre conservar, ou substituír, mellorándoos, os seus cargos; pero varias Serpes amigas súas, e especialmente unha, sentiríanse aludidas, e desistiu de facelo.  

Despois desexou satirizar aos laboriosos compulsivos e detívose na Abella, que traballaba estupidamente sen saber para que nin para quen; pero por medo de que os seus amigos deste xénero, e especialmente un, se ofendesen, rematou comparándoa favorablemente coa cigarra, que egoísta non cara a máis que cantar e cantar dándollas de poeta, e desistiu de facelo. 

Despois ocorréuselle escribir contra a promiscuidade sexual e enfilou a súa sátira contra as galiñas adúlteras que andaban todo o día inquedas en busca de Galiños; pero tantas destas recibírano que temeu mancalas, e desistiu de facelo. 

Finalmente elaborou unha lista completa das debilidades e os defectos humanos e non encontrou contra quen dirixir as súas baterías, pois todos estaban nos amigos que compartían a súa mesa e nel mesmo. 

Nese momento renunciou a ser escritor satírico e empezoulle a dar pola mística e o amor e esas cousas; pero a raíz diso, xa se sabe como é a xente, todos dixeron que se volvera tolo e xa non o recibiron tan ben nin con tanto gusto.

Traducido por Estefanía R.









En la selva vivía una vez un Mono que quiso ser escritor satírico.

Estudió mucho, pero pronto se dio cuenta de que para ser escritor satírico le faltaba conocer a la gente y se aplicó a visitar a todos y a ir a los cocteles y a observarlos por el rabo del ojo mientras estaban distraídos con la copa en la mano.

Como era de veras gracioso y sus ágiles piruetas entretenían a los otros animales, en cualquier parte era bien recibido y él perfeccionó el arte de ser mejor recibido aún.

No había quien no se encantara con su conversación y cuando llegaba era agasajado con júbilo tanto por las Monas como por los esposos de las Monas y por los demás habitantes de la Selva, ante los cuales, por contrarios que fueran a él en política internacional, nacional o doméstica, se mostraba invariablemente comprensivo; siempre, claro, con el ánimo de investigar a fondo la naturaleza humana y poder retratarla en sus sátiras.

Así llegó el momento en que entre los animales era el más experto conocedor de la naturaleza humana, sin que se le escapara nada.

Entonces, un día dijo voy a escribir en contra de los ladrones, y se fijó en la Urraca, y principió a hacerlo con entusiasmo y gozaba y se reía y se encaramaba de placer a los árboles por las cosas que se le ocurrían acerca de la Urraca; pero de repente reflexionó que entre los animales de sociedad que lo agasajaban había muchas Urracas y especialmente una, y que se iban a ver retratadas en su sátira, por suave que la escribiera, y desistió de hacerlo.

Después quiso escribir sobre los oportunistas, y puso el ojo en la Serpiente, quien por diferentes medios -auxiliares en realidad de su arte adulatorio- lograba siempre conservar, o sustituir, mejorándolos, sus cargos; pero varias Serpientes amigas suyas, y especialmente una, se sentirían aludidas, y desistió de hacerlo.

Después deseó satirizar a los laboriosos compulsivos y se detuvo en la Abeja, que trabajaba estúpidamente sin saber para qué ni para quién; pero por miedo de que sus amigos de este género, y especialmente uno, se ofendieran, terminó comparándola favorablemente con la Cigarra, que egoísta no hacia más que cantar y cantar dándoselas de poeta, y desistió de hacerlo.

Después se le ocurrió escribir contra la promiscuidad sexual y enfiló su sátira contra las Gallinas adúlteras que andaban todo el día inquietas en busca de Gallitos; pero tantas de éstas lo habían recibido que temió lastimarlas, y desistió de hacerlo.

Finalmente elaboró una lista completa de las debilidades y los defectos humanos y no encontró contra quién dirigir sus baterías, pues todos estaban en los amigos que compartían su mesa y en él mismo.

En ese momento renunció a ser escritor satírico y le empezó a dar por la Mística y el Amor y esas cosas; pero a raíz de eso, ya se sabe cómo es la gente, todos dijeron que se había vuelto loco y ya no lo recibieron tan bien ni con tanto gusto.
FIN



mércores, 11 de xuño de 2014

INSTRUCIÓNS PARA CHORAR de JULIO CORTÁZAR



Deixando a un lado os motivos, ateñámonos ao xeito correcto de chorar, entendendo por esto un choro que non ingrese no barullo, nin que insulte ao sorriso coa súa paralela e torpe semellanza. O choro medio ou ordinario consiste nunha contracción xeral da face e un son espasmódico acompañado de bágoas e mocos, estes últimos á fin, pois o choro remata no momento no que un se soa enérxicamente.
Para chorar, leva a imaxinación cara vostede mesmo, e se esto resúltalle imposible por contraer o costume de crer no mundo exterior, pense nun cuberto de formigas ou neses golfos do estreito de Magalláns no que non entra ninguén, nunca.
Chegado o choro, taparase con decoro a face usando ambas mans coa palma cara dentro. Os nenos chorarán coa manga da camisola contra a cara, e preferentemente nun rincón do cuarto.

Duración media do choro, tres minutos.


Traducido por Lucía P.


HISTORIA DE CRONOPIOS Y DE FAMAS

-''Instrucciones para llorar''.

Dejando de lado los motivos, atengámonos a la manera correcta de llorar, entendiendo por esto un llanto que no ingrese en el escándalo, ni que insulte a la sonrisa con su paralela y torpe semejanza. El llanto medio u ordinario consiste en una contracción general del rostro y un sonido espasmódico acompañado de lágrimas y mocos, estos últimos al final, pues el llanto se acaba en el momento en el que uno se suena enérgicamente.
Para llorar, dirija la imaginación hacia usted mismo, y si esto le resulta imposible por haber contraído el hábito de creer en el mundo exterior, piense en un patio cubierto de hormigas o en esos golfos del estrecho de Magallanes en los que no entra nadie, nunca.
Llegado el llanto, se tapará con decoro el rostro usando ambas manos con la palma hacia dentro. Los niños llorarán con la manga del saco contra la cara, y de preferencia en un rincón del cuarto. Duración media del llanto, tres minutos.



bágoa vista ao microscoìo