Amosando publicacións coa etiqueta soños. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta soños. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de febreiro de 2015

SONO E SOÑOS


 Resultado de imaxes para SURREALISMO



Un modo de transporte moi raro

Estoú nun lugar moi oscuro e non se ve nada. 
De repente vexo un paxaro moi pequeno. 
Que pinta ese paxaro aqui? 
Como podo velo se todo esta moi escuro?  
Non o sei.  
Sen embargo o paxaro creo que non me ve. 
Pego un grito forte e de repente o paxaro se acerca cara min e colleme coas suas poutas e levantame cara arriba.
Onde me levas? Qe queres de min? 
Son preguntas tontas porque dende logo o paxaro non pode falar. 
O paxar sóltame e agora estoú caendo nun pozo mi escuro e grande. 
Que está pasando? Iso é unha broma?
Estou indo cara abaixo e mentras caío vexo que abaixo hai unha festa. 
Unha festa? 
Pois si era unha festa.O meu instinto festeiro fixome querer participar na festa pero  non podo chegar porque de novo aq uel paxaro aparece e cólleme coas súas poutas pola blusa. Maldito paxaro.  estaba eu pensando, coa gana que tiña eu de participar nesa festa. 
E agora cara onde vai levarme? Non teño nin idea.Espero que sexa cara outra festa,pero resulta que non.
O paxaro lévame lonxe mi lonxe e ó parecer será o meu avión mentrae eu estea por aquí.  
M.E.


Había un sol que se transformou nun limón, tras iso nunha mazá e da mazá a unha laranxa, en entón foi un balón que se lanzou onda min e espertei.

 KawaiiGirlChan

 COLECTORES ASASINOS
Estaba na miña habitación e miña nai veume buscar para ir cear.
Pedira unhas pizza desas que veñen nunhas caixas de cartón.
Cando ía  sentar na mesa para cear,  dime miña nai: "Lucia, antes de sentar á mesa podías ir  tirar as caixas das pizzas nos colectores de reciclaxe, no azul eh.
A min non me quedou outra e fun.
Cando cheguei abaixo o colector azul quedábame moi lonxe e, por preguiza, tirei as caixas no colector de vidro.
Cando dei a volta para regresar a casa, non podía avanzar, era como se alguén me estivese agarrando.
Dei a volta e o colector amarelo estábame agarrando dun brazo, e cada vez me acía mais dano.Eu choraba e choraba, non era capaz de andar.
E de repente o colector díxome : " Es unha desvergoñada, hai que reciclar, así vai o mundo.
O conlector íame comer!
LUCÍA

Pesadelo no burguer king

Estaba eu camiñando por unha rúa que ao comezo tiña un burguer king e no outro extremo a miña casa. Eu saín camiñando cara o burguer king, a rúa era toda recta, e polas beiras estaba repleto de edificios; cando estaba chegando notei que cada vez ía mais lento e deime conta de que me estaba a transformar nun happy meal, cando voltei  mirar cara enriba había moitas hamburguesas, patacas e sobres de ketchup que viñan por min, era todo un menú King aforro, pero cada vez saían máis e máis dos edificios, pero de repente vin como chegaban por detrás miña moitos big-macs, as súas respectivas patacas e sobres de salsa, tamén acudían moitos mcflurrys e mais happy meals coma min. Este grupo que viña na miña axuda acurralou ós outros e devorounos. Eses nenos querían venderme para que me comese un neno.

 Sr. Picaporte


 
Axitación.
Estaba eu xogando nun campo apartado da cidade cando, sen darme conta,  estaba tirado no chan e non podía abrir os ollos,  pero ao pechar e volver a abrir os ollos estaba no día anterior ao do accidente. Estaba tumbado na cama cando un amigo me dixo polo móbil se íamos xogar a unha solaina, eu sabía que non debía ir pero inconscientemente dixen que si e, como me temía, nun abrir e pechar de ollos estaba outra vez no dia anterior;  queria saber que estaba pasando pero non conseguía encontrar a resposta, cada vez que meu amigo chamaba, eu dicía que si contra a miña vontade,  eu peguntáballe se non se acordaba de nada, e como me temía só o recordaba eu. Sabía o que tiña que facer,  tiña que evitar que esa pelota me dese na cabeza para non volver repetir a mesma escena durante toda a vida. Ese día estaba mais atento ao que sucedía ao redor miña ca a min mesmo,  de repente deime conta de que un obxecto ía impactar contra min pero para sorpresa miña era unha almofada,  esquiveina e sen máis espertei,  resulta que era a miña nai que estaba batendo a almofada contra min para espertarme e recordei que no soño o que sempre me golpeaba na cabeza era unha almofada, máis ca un soño parecía un pesadelo.
 (Decex) 






Resultado de imaxes para SURREALISMO


O home do can.

Estaba nunha sala chea de libros azuis e paredes brancas, con dúas amigas. De súpeto, escoitamos un ruído e asomeime á porta a ver se vía algo. Fóra había unhas escaleiras que parecían interminables, e nada estraño. Intentamos averiguar de que eran eses libros pero parecían escritos noutro idioma. De súpeto oín outra vez o ruído e volvinme asomar á porta, aínda que esta vez vin unha sombra dun home e dun can, vía como pouco a pouco se aproximaban máis á porta. Nas súas sombras reflexábase algo que non me transmitía nada bo. As tres, asustadas, non sabiamos onde meternos, e cando abrín a porta para ver se estaba preto xa de nós, vin o seu rostro cun sorriso malvado e o can sen parar de ladrar. Querían levarnos con eles.. E así foi, de súpeto sumerxímonos nun sono profundo no que todo era de cor negra.
 And.


Resultado de imaxes para SURREALISMO 



UN PESADELO MARABILLOSO
Quero levantarme da cama,pero non son capaz.
Fago forza,pero nada,é como se tivese chumbo nas pernas.
Volvo facer forza.máis forza,moita forza,e ,por fin,consigo moverme.
Por desgraza fixen DEMASIADA forza  e comezo a caer da cama.
So son uns segundos, pero parecen horas,e cando, por fin, chego ó chan noto como este se converte en auga.
Non o podo crer ! 
En apenas uns segundos paso de estar na miña cama a unha piscina.
Comezo a afundirme, primeiro despacio , pero despois aumenta a velocidade.
Pecho os ollos, e entón oio como alguén me chama.
Abro os ollos.
Non pode ser !
Teño aos meus pais ao pé da cama dicíndome que me tranquilice, que só foi un pesadelo.
Si, como se fose tan sinxelo.
O que eles non saben é que o pesadelo comenzou no momento en que espertei.
AINOA
                                        




O MÁIS FERMOSO RECORDO

Estaba no meu cuarto,durmida,cando de súpeto un berro da miña tía espertoume,e non sei por que tiven moito medo.Fun correndo ao celeiro,pechei a porta de madeira cunha placa xigante de madeira,coma esas placas utilizadas nos filmes medievais para pechar as portas dun castelo.

A miña tía comezou a bater na porta,non sei por que pero tiña medo dela,queria fuxir pero non habia onde agocharse,o celeiro tiña o tamaño dun pequeno cuarto.A miña tía comezou a bater máis forte,eu ao tentar correr,caín cunha placa de madeira que había no chan.Mentres tanto,miña tía conseguiu abrir a porta,e foi cando descubrín que non era a miña tía,era....o boneco de Mario Bros que me mercaran para o meu sétimo aniversario e que hai dous anoso botara ao lixo porque xa non xogaba con el xa me fixera maior.

O boneco ruxiume,coma cando un predador vai cazar a súa presa.Deitada no chan,non podía escapar,entón Mario colleume dun pée arrastroume fóra do celeiro para levarme xunto a un recipiente de lixo que había á beira da casa da miña tía.Mario quería botarme ao lixo coma cando eu o botara anos atrás.Cando estaba caendo o interior do lixo...espertei

Epílogo:
Estaba no meu cuarto,na miña cama e deime de conta de que todo fora un soño,aínda que me sentía mal,como culpable..
O día seguinte,compreille un boneco de Mario Bros o meu irmán de 8 anos,e díxenlle que aínda que cansase de xogar co boneco,que nunca o botase ao lixo,que o mellor era conservalo de recordo,porque cando un se fai maior o máis fermoso que ten son os recordos de cando un era pequeno.

ComfortablyNumb 




 Un soño de medo

Estaba na piscina municipal de Antas de Ulla e recoñecina polos esvaradoiros. Funme tirar polo branco que era un dos meus favoritos e despois, non sei o por que, decidín tirarme polo esvaradoiro do tubo negro, estraño, xa que daquela eu tíñalle medo á escuridade; cando subín para tirarme, arrepentinme, xirei cara atrás mais á xente que estaba tras de min, mirábanme coma se quisexen matarme, así que me tirei; pechei os ollos e só escoitaba o son da auga, mais cando algo me fixo dano, abrinos, o meu peor terror envolvía o tubo escuro, paiasos, paiasos por todos lados, eu só berraba de medo e o esvaradoiro non parecia ter fin, e así todo o tempo ata que espertei.
Mostrando tumblr_mqqfrhQ7lR1sndmc5o1_500.gif
  





xoves, 31 de xaneiro de 2013

DÁNDOLLE AO START




DENTRO DO XOGO
Atopábame eu xogando tan tranquilo na miña casa a un xogo de consola de disparos. Non sei como conseguín transformarme nun personaxe do xogo, un soldado. Levo unha pistola nas mans. Estou aterrado, tento escapar correndo pero hai moitos disparos e sangue que semella real. Decido tumbarme e agardar  a que acabe aquel inferno. O problema é que aparece un home moi grande, armado cun fusil, e dá comigo. tento escapar. Por puro costume, busco o botón de saída do mando da consola, pero cada vez que o intento, o mando desaparece. Logo só sei que aquel home dixo nun ton moi grave e baixo: pum!. Eu caio morto e esperto aterrado e suando a fío na miña cama.
Creo que debo deixar os videoxogos de disparos.

POR: OTORTO



POR AQUÍ E POR ALÁ

Estaba eu sentado no coche dun home, nun asento de plástico.......e batemos cun muro. Abro os ollos e doume conta que estamos na costa italiana, percorrendo a estrada cunha Vespa. Levo unha moza coñecida no asento de atrás e cando abro os ollos de novo, batemos contra un móbil. A moza desaparece e eu caio en picado nunha montaña rusa. Chimpo no momento de caer e a miña caída dura moitísimo, para a miña sorpresa son capaz de ver como é o golpe. Morro no acto.  

POR: NEGRO



A MÁIS DE 37 GRAOS

Teño febre. Estou quedo, calado, como se estivese noutro mundo. O meu pensamento céntrase só nunha cousa, non facer ningún esforzo sen deixar de facer o esforzo necesario para non esforzarme.

Vexo un mundo baleiro, alaranxado, o chan semella de terra mollada; hai unha especie de camiños en forma de valgadas. Ao esforzarme en entender, un son moi moi molesto me invade e logro ver borrosamente miles de pernas pasando moi de présa polas valgadas. Cando deixo de esforzarme un silencio que mete medo aparece.

Sempre é así, a mesma ensoñación, cos mesmos detalles.

POR: PAPAIA





martes, 29 de xaneiro de 2013

Cousas que pasan








AS PORTAS DO SOÑO

Estaba eu moi tranquilo vendo a televisión, nun momento dado virei a cabeza e os meus ollos bateron cunha porta, unha porta laranxa que nunca antes viran. Algo me atraía con forza cara ela, incitándome a traspasala. Fíxeno cos ollos pechados e cando os abrín encontreime nun lugar estraño, gustoume. Había uns longos xardíns con fontes que botaban chorros divertidos. Seguín andando ata que batín cun ferrancho, corrín cara atrás para ver que sería, encontrei catro columnas xigantescas que se xuntaban facendo un pico, pechei os ollos para ver se era verdade e todo desapareceu. Agora era todo area, parecía que estaba nun deserto, ía moito frío; quixen fuxir de alí, empecei a correr e veu un can; acerqueime a el para acariñalo e púxoseme a falar. Díxome que correse ata aquela porta, unha porta que eu non vira ata aquel momento. Do outro lado encontreime no instituto.

POR: J10




POR AQUÍ E POR ACOLÁ

Estaba eu na miña aldea, na casa había dous cans e varias serpes. Estaba eu chorando enriba do mármore da cociña pedindo axuda ao meu primo pero el estaba a comer e non me facía caso e eu non podía baixar do mármore da cociña porque estaba moi moi asustado, pero....caín e aparecín no instituto, na aula de música.....saín correndo e aparecín no Calvario onde atopei o meu pai. O meu pai ía sen zapatos e eu non paraba de preguntarlle por que non levaba zapatos, pero el non me respondía; levoume ata a porta dun portal que era moi rara e aí remata o meu soño.  

POR: SK8








O MEU PEIXIÑO LARANXA

Estou na praia coa miña amiga Anabel, a miña veciña Marta e a súa nai.
Teño un peixiño laranxa dentro dunha bolsa na man.
Encántame este peixiño.
De súpeto aparece un gran dinosaurio verde e tírame o peixiño.
Empezo a chorar.
Toda a xente que hai na praia sae correndo escapando do furioso dinosaurio, pero eu quero recuperar o que me roubou.
A nai da miña veciña tira de min e consegue levarme ata o coche.

POR: NUCLO




NA ALDEA

Estabamos na casa da aldea. Era o cumpreanos dunha compañeira de clase e celebámolo alí. Había moita xente, xente coñecida e xente que na miña vida vira.
No lugar do canastro había un gran encoro que utilizabamos como piscina. Eu dispúxenme a saltar cando todos empezaron a correr e a berrar. Asusteime e tamén empecei a correr. No momento de saír pola porta, algo me agarrou por detrás e aparecín outra vez no encoro a piques de saltar. Volveuse repetir todo exactamente igual e, como eu xa sabía o que ía pasar, empecei a correr máis rápido.
Cando por fin conseguín sáir da casa, en vez de aparecer nun sitio real, aparecín nun campo verde cunha praia detrás, como se a casa estivese alí.

POR: SORI





venres, 4 de febreiro de 2011

XORNADAS ESGOTADORAS


É pola mañá, saio da miña casa cara ao instituto.
Como é un pouco tarde empezo a correr e correr cada vez máis rápido, e xa vou voando porque teño superpoderes.
De súpeto, pasa un paxariño polo meu lado e cando mira cara adiante, aparezo na miñla clase.
Despois de estar toda a mañá veña que dálle, vén a tarde.
Marcho para a praia e cando me meto na auga, convírtome nunha serea e percorro toda a ría nadando cos demais peixes...e estou toda contenta.
Volvo á noitiña para casa. Voume deitar moi cansa, pecho os ollos e, de súpeto, acordo contándolles o meu soño aos meus amigos.

SOÑO VERDE


Caio nun soño profundo...
Aterrizo nunha rúa con edificios moi altos de cor tella. A beirarrúa ten as dimensións dunha pista de atletismo.
Vou camiñando tranquilamente cos meus pais e o meu irmán cando albisco un ser estraño de cor verde, vestido de cor morada, que nos persegue.
Bótome a correr, aviso aos meus pais e irmáns que escapen, pero non me fan caso.
No momento en que o estraño ser me trinca coas súas mans, todo se volve de cor negra.
Volvo, de súpeto, á realidade.
Idea soñada por....POCOYO

CHUVIA COLORIDA


Estou no centro da cidade. Miro o céo e vexo todo tinguido dunha cor verde moi chamativa.
Pola estrada corren todo tipo de animais de todas as cores do arco da vella.
Empeza a chover, abro o meu paraugas.
Decátome que o que está caendo non son as habituais pingas de auga senón confeti de cores que veñen caendo lentamente das nubes vermellas.
Refúxiome da estraña chuvia nun portal e, de repente, saen del todos e cada un dos compoñentes dunha familia de coellos. Son da miña estatura e van vestidos de maneira moi elegante.
No momento en que un deles vira a cabeza para falarme...esperto!
Texto aportado por...CAIOU

MERGULLOS


Espertei no cuarto dunha amiga que tiña no colexio cando eramos pequenas. Estaba poñendo un traxe de neopreno, cando mne quixen dar conta xa estaba nadando no inmenso océano de cor azul profunda.
Comecei a sumerxirme ata chegar a unha casa, metinme dentro pola fiestra. Unha vez dentro o que levo posto é un pantalón e unha camisola brancos. Era o meu cuarto. Métome na cama e quedo a durmir.
Texto aportado por.....UXÍA

SOÑO ESCULTÓRICO


Onte tiven un soño. Un soño bo, un soño san.
Ía eu pola praia de Rodas nun día soleado e cunha brisiña refrescante.
Sen decatarme derrubei un dos castelos que construíran os nenos.
Tranquiliceinos poñéndome a facer con eles unha gran barca na area.
Puxémoslle asentos, un motor na popa, unha boa quilla, etc
Cando estabamos rematando os últimos detalles, veu un vello e, despois de admirar a obra, asegurou que era a cousa máis fermosa que vira en moitos anos.
Ofertoume traballar no seu obradoiro.
Na seguinte imaxe do meu soño eu esculpía un hotel de xeo.
Terei dotes de escultor?
Texto aportado por...DCC

xoves, 27 de xaneiro de 2011

MANÍA PERSECUTORIA

Ía eu andando pola estrada cando me decatei de que alguén me seguía todo o tempo, tamén me decatei de que se acercaba cada vez máis e levaba algo na man; por precaución botei a correr, pero o meu perseguidor botou tamén a correr. Como puiden, cheguei á miña aldea en Ourense. Mirei cara atrás e a persecución continuou ata que cheguei a casa dos meus avós e deixei de notar alguén detrás miña. Cando me quixen dar conta, tiña o meu perseguidor diante miña e a única maneira que se me ocorreu para desfacerme del foi saltar polo balcón. Pero el tamén saltou e cando pensaba que xa non había fuxida, decateime que era o meu curmán que me traía algo que esquecera na súa casa. (O último recibo da lus?)
Texto aportado por......FELPS

SOÑO ESPECTRAL


Saio da miña casa, collo o corredor e diríxome cara as escaleiras. Cando estou baixando vexo algo que me sobresalta e me acelera o corazón, é un espectro escuro, alto e estrañamente definido; semella un lobo parado nas patas traseiras e cuns ollos verdes penetrantes; non era medo o que sentía naquel intre senón incertidume ao non saber por que vía aquela imaxe e por que me seguía. Saín do edificio; ao baixar as escaleiras suponse que me tiña que atopar nunha esplanada chea doutros edificios e casas, sen embargo atopábame, de súpeto, e sen saber por que nun bosque; aquilo resultoume moi estraño; ollaba ao meu redor tentando distinguir aquel lugar pero non me parecía telo visto antes, nin ter estado antes alí. De súpeto mirei a un lado e volvín ver a mesma imaxe, desprazábame e ela seguíame a todas partes, cando ollaba para seguila coa vista, desaparecía rápida e misteriosamente; miraba para outro lado e volvía aparecer, era como se se movese a velocidade da luz.

Comezo a inquietarme, o espectro aparece diante miña sen previo aviso, estamos cara a cara. Na súa forma indefinida concrétanse nitidamente un par de ollos de todas as cores, abalánzase sobre min e...esperto.


Texto aportado por........SABOROSO

luns, 24 de xaneiro de 2011

MINISOÑO


Érgome pola mañá para ir ao instituto. Almorzo na cociña e despois vou ao cuarto para me vestir. Logo vou ao baño e lavo os dentes. Cando termino vou de novo ao cuarto de durmir, poño a cazadora, dispóñome a saír pola porta, ábroa e xa estou entrando polo insti. Soa o espertador da realidade e acaba o soño.