Amosando publicacións coa etiqueta a memoria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta a memoria. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de febreiro de 2018

Cousas da periferia


Periféricos, el documental.[2006][VHSrip][Español] from Il Canalla Rubens on Vimeo.


Neste documental aparecen algúns dos protagonistas da movida viguesa dos oitenta tal e como son na actualidade, trinta anos máis tarde. Botan con humor unha ollada retrospectiva  sobre a cidade nos inicios da democracia, moi pouco que ver co Vigo tecno dos centros comerciais de hoxendía.



Imaxe extraída dun dos nímeros da revista Tintimán, buque insignia do grafismo dos oitenta.


venres, 7 de abril de 2017

As bibliotecas viventes

Onte, 6 de abril, o alumnado de 4º da ESO asistiu ás bibliotecas viventes no pavillón de As Travesas. Todos os libros vivos que están ao noso dispór este ano teñen temática deportiva. Dende un afeccionado á bicicleta de montaña a un xogador olímpico veterano, dende unha árbitra de balonmán ata unha taikondista. Todos eles e elas contaron a súa longa experiencia no mundo do deporte local e internacional. Mesmo hai un libro vivo sobre as retransmisións radiadas e televisadas de eventos deportivos. Agradecemos ao concello esta valiosa oferta educativa para o alumnado da escola pública viguesa. Os rapaces disfrutaron dunha conversa en galego informal e tiveron oportunidade de investigar en cada libro todos os aspectos que reclamaron o seu interese. Para o curso que vén contade de novo connosco!











xoves, 23 de marzo de 2017

Pardo de Cela. Documental




Documental emitido por TVE2 no ano 2013 sobre Pedro Pardo de Cela, O Mariscal é o protagonista absoluto do convulso século XV galego. Decapitado publicamente na praza maior de Mondoñedo, converteuse nun mito do que se conserva un pequeno romance popular anónimo denominado
O pranto da Frouseira


Resultado de imaxes para castelo da frouxeira
Castelo de Castrodouro e ao fondo o pico da Frouseira

                                             

luns, 16 de abril de 2012

San Simón: A illa da memoria

A Illa de San Simón // http://cuadernodelasletras.blogspot.com/
View more PowerPoint from Maria José


Cachinando nos programas que permiten verquer na rede os traballos que imos facendo, demos de novo co Slide Share e tentamos descargar material que tiñamos sobre as marabillas da Ría de Vigo. Concretamente  varias presentacións en Power Point sobre a toponimia, arboredo, lugares emblemáticos, historia, configuración xeográfica......pero topamos con dificultades porque pesan de máis e non admite arquivos con máis de 10MB. Así é que teremos que facer unha selección e alixeiralos para poder experimentar con eles na rede nese tipo de formato. Outra opción é pagar a descarga....pero parece que non está o forno para bolos nas arcas públicas ( sempre e cando non se trate de capturar elefantes, claro). Pero como non hai mal que por ben non veña, demos cun precioso traballo xa en rede que cumpre  cos nosos obxectivos básicos orixinais, que é amosarvos todo canto poidamos da nosa contorna inmediata. E velaí tendes unhas cantas diapositivas sobre un dos lugares máis emblemáticos e queridos da nosa ría: a senlleira e enigmática Illa de San Simón. Esa historia hai que contala de vagar.