Con este vídeo reiniciamos a actividade blogueira no carallocorou. Este curso contaremos coa colaboración do alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO.
Vello tema, o da arquitectura perdida en Vigo. Non é a primeira vez que recalamos nel e nos damos conta da inimaxinable cantidade de barbaridades urbanísticas que caeron como bombas nesta cidade en forma de cemento e ladrillo.
En 4º da ESO estamos tentando entender como era Vigo a principios do séc.XX, cando empezaron as conserveiras a revoulución industrial en Galiza. Os edificios derrubados ou mal parcheados son todos do estilo modernista que tanto abunda nas vilas costeiras do noso país. De telos conservado o centro de Vigo sería hoxe unha magnífica réplica dalgúns fermosos bulevares de París. En vez diso, quédanos unha pálida imitación de urbanismo neoiorquino cutre e feísimo.
Felicitamos aos autores deste vídeo pola recreación virtual dese Vigo perdido.












