Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
luns, 13 de maio de 2013
luns, 29 de abril de 2013
O incerto señor Cunqueiro
Dende o seu primeiro poemario Mar ao norde (1932) ata a súa morte no 1981, o documental de Reixa fai un percorrido pola traxectoria literaria e vital de Cunqueiro a través das voces de varias xeracións. A Cunqueiro cómpre lelo con calma. Se a lectura dos seus textos nos deixa canto menos sorprendidos, non é menos grato escoitar da súa propia voz o que pensaba sobre a súa escritura e sobre o difícil tempo que lle tocou vivir. Aínda está por realizarse un traballo que relacione adecuadamente a escrita de Cunqueiro coas vangardas, co realismo máxico e coa antropoloxía de Galicia. Sexa como for, estamos diante dun habitante da linguaxe que sempre se moveu nas cartografías da imaxinación. Longa vida ao creador do Simbad galego , do Merlín de andar pola casa e do gatipedro.
Ligazón a unha pequena antoloxía poética de Cunqueiro
Ligazón a unha pequena antoloxía poética de Cunqueiro
Etiquetas:
cinema galego,
Cunqueiro,
documentais
mércores, 20 de marzo de 2013
A voltas co TE e co CHE
O TROTAMUNDOS
Ola Xoan. Que tal andas ? Onde estás ? Despois da última carta, crin que che pasara algo. Eu agora ando en Cuba. Lin unha carta que estaba firmada por ti, pero non era a túa letra, por iso pregúntoche que fas e onde andas. Teño moitas cousas que contarche, así que vou ir empezando. Estiven hai dous meses en Colombia e atopeime con Marta, aquela moza que amei tanto cando viviamos en Toulouse. Cando a vin, pasamos todo o dia xuntos falando do que viviramos ata entón; cando marchei de Colombia, fun para mexico, en concreto a Cancún. Vinme involucrado nun asasinato, pero non te preocupes, só foi que estaba no sitio inadecuado no momento indebido, asi que só fun de testemuña. O crime foi de pelicula ! A vitima era unha comercianta de roupa deportiva pero en realidade, ese negocio servía para o branqueo de diñeiro. Branqueaban o beneficio do trafico de armas, asi que tivo que ser unha axuste de contas. O meu seguinte destino foi Xamaica. Ese é un sitio incrible ! Vai moito sol e alí a xente é humilde e moi hospitalaria. Tamén hai boas festas. Pasei noites enteiras sen durmir (da festa que houbo ali). Teño que confesarche que me encantaría que vises o panorama que hai alí, íache encantar. O meu último destino antes de Cuba, foi Honduras. Estivo ben pero paseino mellor en Cancún, a pesar do da comercianta de roupa deportiva. Honduras gustoume polo clima e as súas praias. A comida ali é fresca e moi saudable, nada envasado ou precocido. Ben, e como xa che contei, agora estou en Cuba, e espero pasar despois por Brasil, Chile e Arxentina. Onde queira que te atopes, porfavor escribeme. Unha aperta moi forte, amigo.
Gabriel
DENDE A ALDEA
Ola Xulián, escríboche esta carta para informarte de como van as cousas na vila e para preguntarche que tal pola cidade. Na vila agora estamos de festa e é unha mágoa que non esteas aquí connosco; a parte, a túa irmá empezou a saír cun mozo que non che me parece trigo limpo,xa o investigarei; a avoa estivo a piques de morrer hai dúas noites; cando estabamos ceando, deulle un ataque de súpeto e levámola a urxencias, segue en observación pero xa esta mellor. A túa nai pasou tódolos días canda ela en urxencias, estivo moi asustada por se morría. A túa noiva bótate moito de menos e quere volverte ver axiña. Eu sigo aquí no mercado, traballando. Esperamos volverte ver de contado. Como estás pola cidade, vaiche ben a vida? Mándame outra carta para saber que tal te encontras. Recordos dende a aldea.

CONDE CHUCULAT
O PARTIDO
Ola Xavi, o outro día crin que te vira polo paseo que está a carón da miña casa. Cando te vin, fun rápido para a porta e corrín para ir verte. Cando baixei, fun onda ti e ao final non eras ti, era un amigo ao que non miraba había máis de dez anos ( ou máis). Eu o que che quería dicir era que o luns seguinte tiñamos a voda da miña irmá e eu queríate invitar a ti para que viñeses. Se queres, quedamos uns días antes para ver o traxe e tal.
Tamén che quería dicir que hai dous días xogamos un torneo de baloncesto, pero non puiden contactar contigo por que non me dei conta de que xogabas connosco, como non viñas había un ano ou así non lembrei chamarte; eu quéroche dicir que no partido provoquei unha pelexa monumental e á final resolveuse o problema e seguimos xogando ( o partido de baloncesto) e no último minuto eu arrebolei a pelota na canastra e metina, e todos os do equipo lanzáronse sobre min e logo pola noite fomos celebrar o partido que gañamos e logo á mañá seguinte tiven unha resaca xigante.
Iso é o único que che quería dicir, unha aperta. Chámame.
INCÓGNITA en colaboración con ZOTHURIAN

PESQUISAS
Querida Lola:
Escríboche esta carta para que saibas que non estás soa nisto. Eu penso que ti non mataches esa persoa. Prométoche que atoparei as probas necesarias para demostrar a túa inocencia.
Vouche contar todo o que levo feito ata o momento:
Fun ao lugar do crime e atopei uns animais mortos no sitio do incendio e leveinos ó forense, este non encontrou ningunha proba que demostrase a túa total inocencia.
Pasaron varios días e como non atopei proba algunha fun falar coa xente da zona. Dixéronme que te viron á hora do crime na casa da rapaza que dúas horas despois apareceu morta. Víronte entrar pero non saír. Ninguén me quería decir nada. Tiñan medo de que lles fixeses o mesmo a eles. Eu seguín crendo que ti non fixeches nada.
Resístome a pensar que es unha asasina. Fun falar cun vello que vivía no cume da montaña. Era un home de poucas palabras e coa mirada perdida. Intentei falar con el
sobre o incendio que aconteceu hai dúas semanas. De súpeto cerroume a porta nos fuciños; este home pareceume sospeitoso, polo tanto volvín ir á súa casa. Díxenche que non descansaría ata demostrar a túa inicencía. O home díxome que tiña medo a desvelar a verdade do que acontecera. Díxome que el fora o asasino. Leveille as probas á túa avogada. Ela fará todo o posible`para sacarte do cárcere.

HOLMES
luns, 11 de marzo de 2013
caligramas
O NÓ DA GRAVATA
idea de SK8
CHAVE E BARCO
VISIÓN
idea de NUCLO
DUNAS
idea de J10
( fai clic nas imaxes para ampliar)
venres, 8 de marzo de 2013
Luis Seoane
Ligazóns para facer un percorrido pola vida e obra de Seoane:
Web adicada aos murais en Buenos Aires
domingo, 3 de marzo de 2013
MAIAKOVSKI : LEMBRANZAS DO FUTURO
Conversa cun inspector de impostos sobre poesía
Vladimir V. MAIAKOVSKI
Cidadán inpector de impostos!
Perdoe que o moleste. Grazas...non se preocupe...quedarei de pé.
O meu asunto é de carácter delicado:
Sobre o lugar do poeta nunha sociedade de traballadores.
Ao igual que os propietarios de tendas e facendas,
estou tamén suxeito a impostos e penalizacións.
Reclama vostede quinientos por semestre
e vintecinco por non prestar a miña declaración.
O meu traballo é como calquera outro.
Fíxese: olle que perdas tiven,
que gastos teño na miña produción,
e canto se gasta en materiais.
Vostede sabe, por suposto,
o do fenómeno chamado rima. Supoñamos
que un verso acaba coa palabra "xiro";
entón, dous versos máis adiante, repetindo as sílabas,
poñemos algo así como "tiroriro".
Na linguaxe, a rima é como un pagaré
que vence dous versos despois - esa é a regra-
E un procura os patacóns soltos de sufixos e inflexións
na saqueada caixa das declinacións e conxugacións.
Empeza un incrustando unha palabra nun verso,
pero non encaixa -fórzase e rompe-.
Cidadán inspector de impostos, doulle a miña palabra:
As palabras cústanlle ao poeta moitos cartos.
Na nosa linguaxe a rima é un bocoi;
un bocoi de dinamita. A rima é unha espoleta.
O verso desfaise cara a final e estoupa
e a cidade salta ao céo dinamitada nunha estrofa.
Onde vai atopar, e con que tarifa de valoración,
rimas que apunten e maten dun só disparo?
Se cadra quedan cinco ou seis rimas sen usar aínda
nalgún lugar como Venezuela.
E así é como teño que visitar países cálidos e fríos.
Alá vou, liado en pagos sobre anticipos e préstamos.
Cidadán! Admítame os gastos da viaxe.
A poesía toda ela é unha viaxe ao descoñecido.
A poesía é como sacar radium da terra:
por cada gramo trabállase un ano.
Nunha soa palabra invístense
miles de toneladas de ganga verbal.
martes, 5 de febreiro de 2013
Maricarme, a nai de Carapuchiña
Había unha vez unha rapaza chamada Carapuchiña que mandou a súa nai levarlle unha cesta de comida ao lobo, enfermo de catarro na cama.
A nai de Carapuchiña ía moi anoxada, pois parecíalle moi incómodo ir polo medio do monte, que aínda por riba era o camiño máis longo.
A nai de Carapuchiña, que para abreviar chamaremos Maricarme, ía pensando no seu novo noivo, cando apareceu a vella do monte, tamén coñecida como avoíña, que lle dixo o seguinte:
- Maricarme, propóñoche un xogo: ti vas pola beirarrúa e eu polo monte, e quen chegue antes gañará unha galleta.
Pero Maricarme non era parva, o único é que non pensaba con regularidade e contestoulle.
- Creo que deberiamos facer ao revés: ti es velliña e con ese monopatín pódeste mancar se vas polo monte. Entón é mellor que ti vaias pola beirarrúa e eu polo monte.
E así quedaron. Como era de agardar, chegou antes a avoíña, que aínda que fose unha anciá xa tiña tres Tour de Francia gañados e soubo enganar o lobo facéndolle crer que era unha xoaniña. Despois de pelexar un bocado, a avoíña fíxolle unha chave de carate e mancouno seriamente. O lobo tivo que ir ao hospital Xeral, pero por culpa dos recortes na Seguridade Social, levoulle moito tempo que o atendesen.
Todo o tempo que lle fixo falta a Maricarme para chegar. Cando chegou, entrou na casa, deixou a cesta enriba da neveira e abeirouse á cama e deuse conta que algo raro pasaba e preguntoulle ao lobo:
- Pero ti, lobiño, como tes os ollos tan pequerrechos?
E el contestou:
- Ai!, é de tanto andar no chat que me proen.
- E por que tes o nariz tan chato? Dixo ela
- Polo arrefriado que teño, é matador. Dixo el.
- Pero... se tamén che encolleu a boca! Berrou ela.
- É de tanto falar, así que cala xa!
Entón a avoíña saíu da cama e díxolle a Maricarme:
- Gañei, gañei! Así que me debes unha galleta. Non pode ser moi doce, lembra a miña diabete. E tamén quero que me faga ver as estrelas.
Por primeira vez na súa vida, Maricarme pensou no pouco útil que é matarse a repensar as cousas e, deixándose levar por un instinto repentino e descoñecido arreoulle unha moquetada tan grande que quedaron mancadas a vítima e a agresora. Por fin reaccionou e dixo:
- Non querías unha galleta que non fose doce e que che fixese ver as estrelas? Pois aí a tes!
A final acabaron todas no Xeral, incluída Carapuchiña, que caera polas escaleiras preguntándose onde andaría metida Maricarme que non daba regresado.
Unha das fotografías premiadas no concurso fotográfico do Uruguai
realizado en xuño do 2012
Etiquetas:
3º eso,
contos infantís reconvertidos,
creación
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)