luns, 11 de marzo de 2013

caligramas



O NÓ DA GRAVATA






idea de SK8





CHAVE E BARCO





VISIÓN



idea de NUCLO





DUNAS


idea de J10



( fai clic nas imaxes para ampliar)






venres, 8 de marzo de 2013

Luis Seoane






Ligazóns para facer un percorrido pola vida e obra de Seoane:

Web adicada aos murais en Buenos Aires

Blog cunha reseña a toda cor do artista















domingo, 3 de marzo de 2013

MAIAKOVSKI : LEMBRANZAS DO FUTURO



Conversa cun inspector de impostos sobre poesía

Vladimir V. MAIAKOVSKI


Cidadán inpector de impostos!
Perdoe que o moleste. Grazas...non se preocupe...quedarei de pé.
O meu asunto é de carácter delicado:
Sobre o lugar do poeta nunha sociedade de traballadores.
Ao igual que os propietarios de tendas e facendas,
estou tamén suxeito a impostos e penalizacións.
Reclama vostede quinientos por semestre
e vintecinco por non prestar a miña declaración.
O meu traballo é como calquera outro.
Fíxese: olle que perdas tiven,
que gastos teño na miña produción,
e canto se gasta en materiais.
Vostede sabe, por suposto, 
o do fenómeno chamado rima. Supoñamos
que un verso acaba coa palabra "xiro";
entón, dous versos máis adiante, repetindo as sílabas,
poñemos algo así como "tiroriro".
Na linguaxe, a rima é como un pagaré
que vence dous versos despois - esa é a regra-
E un procura os patacóns soltos de sufixos e inflexións
na saqueada caixa das declinacións e conxugacións.
Empeza un incrustando unha palabra nun verso,
pero non encaixa -fórzase e rompe-.
Cidadán inspector de impostos, doulle a miña palabra:
As palabras cústanlle ao poeta moitos cartos.
Na nosa linguaxe a rima é un bocoi;
un bocoi de dinamita. A rima é unha espoleta.
O verso desfaise cara a final e estoupa
e a cidade salta ao céo dinamitada nunha estrofa.

Onde vai atopar, e con que tarifa de valoración,
rimas que apunten e maten dun só disparo?
Se cadra quedan cinco ou seis rimas sen usar aínda 
nalgún lugar como Venezuela.
E así é como teño que visitar países cálidos e fríos.
Alá vou, liado en pagos sobre anticipos e préstamos.
Cidadán! Admítame os gastos da viaxe.

A poesía toda ela é unha viaxe ao descoñecido.

A poesía é como sacar radium da terra:
por cada gramo trabállase un ano.
Nunha soa palabra invístense
miles de toneladas de ganga verbal.








martes, 5 de febreiro de 2013

Maricarme, a nai de Carapuchiña



 Había unha vez unha rapaza chamada Carapuchiña que mandou a súa nai levarlle unha cesta de comida ao lobo, enfermo de catarro na cama.

 A nai de Carapuchiña ía moi anoxada, pois parecíalle moi incómodo ir polo medio do monte, que aínda por riba era o camiño máis longo.

 A nai de Carapuchiña, que para abreviar chamaremos Maricarme, ía pensando no seu novo noivo, cando apareceu a vella do monte, tamén coñecida como avoíña, que lle dixo o seguinte:

- Maricarme, propóñoche un xogo: ti vas pola beirarrúa e eu polo monte, e quen chegue antes gañará unha galleta.

Pero Maricarme non era parva, o único é que non pensaba con regularidade e contestoulle.

- Creo que deberiamos facer ao revés: ti es velliña e con ese monopatín pódeste mancar se vas polo monte. Entón é mellor que ti vaias pola beirarrúa e eu polo monte.

E así quedaron. Como era de agardar, chegou antes a avoíña, que aínda que fose unha anciá xa tiña tres Tour de Francia gañados e soubo enganar o lobo facéndolle crer que era unha xoaniña. Despois de pelexar un bocado, a avoíña fíxolle unha chave de carate e mancouno seriamente. O lobo tivo que ir ao hospital Xeral, pero por culpa dos recortes na Seguridade Social, levoulle moito tempo que o atendesen.

Todo o tempo que lle fixo falta a Maricarme para chegar. Cando chegou, entrou na casa, deixou a cesta enriba da neveira e abeirouse á cama  e deuse conta que algo raro pasaba e preguntoulle ao lobo:

- Pero ti, lobiño, como tes os ollos tan pequerrechos?

E el contestou:

- Ai!, é de tanto andar no chat que me proen.

- E por que tes o nariz tan chato? Dixo ela

- Polo arrefriado que teño, é matador. Dixo el.

- Pero... se tamén che encolleu a boca! Berrou ela.

- É de tanto falar, así que cala xa!

Entón a avoíña saíu da cama e díxolle a Maricarme:

- Gañei, gañei! Así que me debes unha galleta. Non pode ser moi doce, lembra a miña diabete. E tamén quero que me faga ver as estrelas.

Por primeira vez na súa vida, Maricarme pensou no pouco útil que é matarse a repensar as cousas e, deixándose levar por un instinto repentino e descoñecido arreoulle unha moquetada tan grande que quedaron mancadas a vítima e a agresora. Por fin reaccionou e dixo:

- Non querías unha galleta que non fose doce e que che fixese ver as estrelas? Pois aí a tes!

A final acabaron todas no Xeral, incluída Carapuchiña, que caera polas escaleiras preguntándose onde andaría metida Maricarme que non daba regresado.



Unha das fotografías premiadas no concurso fotográfico do Uruguai
realizado en xuño do 2012



xoves, 31 de xaneiro de 2013

DÁNDOLLE AO START




DENTRO DO XOGO
Atopábame eu xogando tan tranquilo na miña casa a un xogo de consola de disparos. Non sei como conseguín transformarme nun personaxe do xogo, un soldado. Levo unha pistola nas mans. Estou aterrado, tento escapar correndo pero hai moitos disparos e sangue que semella real. Decido tumbarme e agardar  a que acabe aquel inferno. O problema é que aparece un home moi grande, armado cun fusil, e dá comigo. tento escapar. Por puro costume, busco o botón de saída do mando da consola, pero cada vez que o intento, o mando desaparece. Logo só sei que aquel home dixo nun ton moi grave e baixo: pum!. Eu caio morto e esperto aterrado e suando a fío na miña cama.
Creo que debo deixar os videoxogos de disparos.

POR: OTORTO



POR AQUÍ E POR ALÁ

Estaba eu sentado no coche dun home, nun asento de plástico.......e batemos cun muro. Abro os ollos e doume conta que estamos na costa italiana, percorrendo a estrada cunha Vespa. Levo unha moza coñecida no asento de atrás e cando abro os ollos de novo, batemos contra un móbil. A moza desaparece e eu caio en picado nunha montaña rusa. Chimpo no momento de caer e a miña caída dura moitísimo, para a miña sorpresa son capaz de ver como é o golpe. Morro no acto.  

POR: NEGRO



A MÁIS DE 37 GRAOS

Teño febre. Estou quedo, calado, como se estivese noutro mundo. O meu pensamento céntrase só nunha cousa, non facer ningún esforzo sen deixar de facer o esforzo necesario para non esforzarme.

Vexo un mundo baleiro, alaranxado, o chan semella de terra mollada; hai unha especie de camiños en forma de valgadas. Ao esforzarme en entender, un son moi moi molesto me invade e logro ver borrosamente miles de pernas pasando moi de présa polas valgadas. Cando deixo de esforzarme un silencio que mete medo aparece.

Sempre é así, a mesma ensoñación, cos mesmos detalles.

POR: PAPAIA





martes, 29 de xaneiro de 2013

Cousas que pasan








AS PORTAS DO SOÑO

Estaba eu moi tranquilo vendo a televisión, nun momento dado virei a cabeza e os meus ollos bateron cunha porta, unha porta laranxa que nunca antes viran. Algo me atraía con forza cara ela, incitándome a traspasala. Fíxeno cos ollos pechados e cando os abrín encontreime nun lugar estraño, gustoume. Había uns longos xardíns con fontes que botaban chorros divertidos. Seguín andando ata que batín cun ferrancho, corrín cara atrás para ver que sería, encontrei catro columnas xigantescas que se xuntaban facendo un pico, pechei os ollos para ver se era verdade e todo desapareceu. Agora era todo area, parecía que estaba nun deserto, ía moito frío; quixen fuxir de alí, empecei a correr e veu un can; acerqueime a el para acariñalo e púxoseme a falar. Díxome que correse ata aquela porta, unha porta que eu non vira ata aquel momento. Do outro lado encontreime no instituto.

POR: J10




POR AQUÍ E POR ACOLÁ

Estaba eu na miña aldea, na casa había dous cans e varias serpes. Estaba eu chorando enriba do mármore da cociña pedindo axuda ao meu primo pero el estaba a comer e non me facía caso e eu non podía baixar do mármore da cociña porque estaba moi moi asustado, pero....caín e aparecín no instituto, na aula de música.....saín correndo e aparecín no Calvario onde atopei o meu pai. O meu pai ía sen zapatos e eu non paraba de preguntarlle por que non levaba zapatos, pero el non me respondía; levoume ata a porta dun portal que era moi rara e aí remata o meu soño.  

POR: SK8








O MEU PEIXIÑO LARANXA

Estou na praia coa miña amiga Anabel, a miña veciña Marta e a súa nai.
Teño un peixiño laranxa dentro dunha bolsa na man.
Encántame este peixiño.
De súpeto aparece un gran dinosaurio verde e tírame o peixiño.
Empezo a chorar.
Toda a xente que hai na praia sae correndo escapando do furioso dinosaurio, pero eu quero recuperar o que me roubou.
A nai da miña veciña tira de min e consegue levarme ata o coche.

POR: NUCLO




NA ALDEA

Estabamos na casa da aldea. Era o cumpreanos dunha compañeira de clase e celebámolo alí. Había moita xente, xente coñecida e xente que na miña vida vira.
No lugar do canastro había un gran encoro que utilizabamos como piscina. Eu dispúxenme a saltar cando todos empezaron a correr e a berrar. Asusteime e tamén empecei a correr. No momento de saír pola porta, algo me agarrou por detrás e aparecín outra vez no encoro a piques de saltar. Volveuse repetir todo exactamente igual e, como eu xa sabía o que ía pasar, empecei a correr máis rápido.
Cando por fin conseguín sáir da casa, en vez de aparecer nun sitio real, aparecín nun campo verde cunha praia detrás, como se a casa estivese alí.

POR: SORI





luns, 14 de xaneiro de 2013