Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
martes, 7 de xuño de 2011
Vigo anos 60
Vigo antes e despois: neste enlace podedes dar con dous vídeos que amosan a evolución urbanística da Ría de Vigo, se vos fixades ben nas imaxes tamén se aprezan cambios notables na Península do Morrazo.
martes, 31 de maio de 2011
TEIS, BARRIO GRANDE
![]() |
| a capela antiga en día de romaría |
![]() |
| a ermida construída segundo o proxecto de Manuel Gómez |
![]() |
| o proxecto de Palacios en maqueta |
A ERMIDA DA GUÍA:é un dos proxectos de arquitectura relixiosa do autor Manuel Gomez. Está adicada á nosa señora das Neves.
O arquitecto Palacios fixo un deseño moi orixinal que non chegou a realizarse.
Antes deste proxecto había unha capeliña humilde, feita coas aportacións da xente. AQUÍ celébrase dende tempo inmemorial unha romaría multitudinaria á que tradicionalmente acudían xentes da contorna de toda a ría de Vigo para pasar o día enteiro a cantar, bailar e comer cos veciños á sombra dos carballos, algúns centenarios, da vella carballeira situada ao pé da ermida pola banda do Leste.
A Guía reza na tradición popular como unha das sete irmás que coroan cos seus outeiros a banda Sur da Ría de Vigo, todas elas son asentamentos de vellos castros, nalgúns casos desaparecidos por obra e graza da depredación sistemática da nosa cultura. As irmás da Guía son A Peneda (En Soutomaior), O Sino, as Torres de Padín(en Teis), O Castro , O Alba e O Aloia.
Casualmente, dei cun precioso texto de Cortázar en que nos fai saber que en Dheli, na India, a lenda das sete irmás vai referida a uns paxaros que sempre voan en bandadas de sete. Non é incrible?
§
Teis é a parroquia máis poboada de Vigo.
Parroquia costeira, comprende 5,80 kilómetros cadrados localizados na ladeira do monte da Madroa. Teis é unha das parroquias máis poboadas con máis de 24.000 habitantes. A causa da industrialización do século XIX, a zona está completamente integrada xa no centro urbano, mantendo tan só as zonas verdes da Madroa, o alto da Guía e o parque A Riouxa. En Teis localizáronse achados do Neolítico e restos da cultura castrexa.
As primeiras referencias á parroquia remóntanse ó ano 1145. No século XVI sofre as invasións dos barcos do corsario inglés Drake, ó tempo que comezan a implantarse en Teis explotacións pesqueiras, que posteriormente crecerán ó incorporarse os industriais cataláns da salgadura. No século XIX, o areal de Guixar alberga fábricas conserveiras e pequenos asteleiros.
No barrio funcionan diversas asociacións de veciños e o Plan Comunitario. O Plan Comunitario foi creado en 1994, coordinando distintos colectivos coa finalidade de rendibilizar os servizos da parroquia e organizar actividades en común.
![]() |
| praia de Espiñeiro antes de ser sepultada no cumio do monte non había vexetación, era unha moa redondiña e pelada |
![]() |
| o lugar onde se acabaría instalando Factorías Vulcano foto de 1947 |
Teis concello:
Teis foi concello independente en varias ocasións; aparece nas listas que xurdiron nos dous períodos liberais (1812-14) e (1820-23). En 1849 separouse do concello de Vigo para incorporarse ó de Lavadores.
Antes da guerra Civil conseguiu a independencia de Lavadores. Na Avda Galicia ubicouse a casa consistorial de Teis que tamén facía as funcións de casa do pobo; moi cerca estaba a cooperativa, o lugar onde se facía troco de mercadorías sen intermediarios nin usura. Nas eleccións municipais democráticas da 2ª República, o concello de Teis votaba masivamente polos seus representantes do Sindicato de Labradores de tal maneira que chegamos a ter un autogoberno sen precedentes. Montouse unha escola pública, biblioteca, un xornal chamado El campesino, consultorio médico gratuíto e moitos avances sociais que nunca tiveramos dependendo de Vigo ou de Lavadores. O exemplo de autogoberno en Teis estendeuse como a pólvora 1º por todo o Sur de Galicia e máis tarde cara o Norte e o interior, de maneira que entre Solidariedade Galega, da Coruña, e o Sindicato de Labradores de Teis naceu unha rede de sindicatos agrarios por todo o país que reivindicaban fundamentalmente a redención dos foros, con orixe na Idade Media, e o dereito á propiedade da terra que se traballa.Esta loita pola terra ten fondas raigames nas loitas Irmandiñas medievais. Levounos máis de 500 anos conseguilo pero cando por fin se acadou o obxectivo, o noso territorio empezou a converterse no 1º perímetro industrial de Vigo, de maneira que o cultivo da terra como medio de vida pasou a un segundo plano e a nosa xente entrou como man de obra non cualificada nas fábricas que empezaron a eclosionar por todo o litoral.
Se dás co cursor no medio da imaxe, esta aparecerá ampliada nunha páxina independente, podes aínda ampliala máis para acceder aos textos. Observarás que o xornal está en castelán. En torno a 1929 había orquestrada en Galicia unha rede de irmandades creadas para a defensa sen restriccións do idioma, entre outras cousas esixían a cooficialidade co castelán. Este labor quedou interrompido pola Guerra Civil e a longa noite de pedra da ditadura. Burocraticamente falando non se conseguiu tal cooficialidade ata a aprobación do actual estatuto de autonomía. A nivel práctico temos aínda moito camiño por percorrer, se ben é certo que hoxe en día un periodiquiño destas características estaría sen dúbida redactado en galego, xa que a recuperación da lingua escrita é, na actualidade, un feito incuestionable. Outra cousa é a lingua viva que sofre un gran desgaste por falta de transmisión xeracional.
Vigo a cidade perdida: intersantísima ristra de fotografías que amosan as grandes posibilidades urbanísticas de Vigo antes de caer en mans dos especuladores.
![]() |
| portada de El campesino |
![]() |
| folla de El campesino cunha poema de Curros Enríquez |
Se dás co cursor no medio da imaxe, esta aparecerá ampliada nunha páxina independente, podes aínda ampliala máis para acceder aos textos. Observarás que o xornal está en castelán. En torno a 1929 había orquestrada en Galicia unha rede de irmandades creadas para a defensa sen restriccións do idioma, entre outras cousas esixían a cooficialidade co castelán. Este labor quedou interrompido pola Guerra Civil e a longa noite de pedra da ditadura. Burocraticamente falando non se conseguiu tal cooficialidade ata a aprobación do actual estatuto de autonomía. A nivel práctico temos aínda moito camiño por percorrer, se ben é certo que hoxe en día un periodiquiño destas características estaría sen dúbida redactado en galego, xa que a recuperación da lingua escrita é, na actualidade, un feito incuestionable. Outra cousa é a lingua viva que sofre un gran desgaste por falta de transmisión xeracional.
Vigo a cidade perdida: intersantísima ristra de fotografías que amosan as grandes posibilidades urbanísticas de Vigo antes de caer en mans dos especuladores.
Sanxurxo Badía foi un industrial vigués nacido na Coruña no ano 1937 que fixo barcos, levaba auga ao lazareto de San Simón e chegou a ser concelleiro do concello de Vigo.
Temos noticias que este home era un gran afeccionado ao deseño de aparellos náuticos, chegando a montar un batiscafo que parece que foi probado con éxito nunha das praíñas da banda Noroeste do Monte da Guía. Julio Verne estivo en Vigo para coñecer o prototipo de Sanxurxo e posiblemente nel se inspirou para crear o Nautilus da Vinte mil leguas de viaxe submariña. Lembrade que a ría de Vigo é un dos espazos literarios desta marabillosa noveliña.
Temos noticias que este home era un gran afeccionado ao deseño de aparellos náuticos, chegando a montar un batiscafo que parece que foi probado con éxito nunha das praíñas da banda Noroeste do Monte da Guía. Julio Verne estivo en Vigo para coñecer o prototipo de Sanxurxo e posiblemente nel se inspirou para crear o Nautilus da Vinte mil leguas de viaxe submariña. Lembrade que a ría de Vigo é un dos espazos literarios desta marabillosa noveliña.
![]() |
| non hai moito que por Sanxurxo Badía baixabas vendo todo o tempo o mar |
![]() |
| hoxe en día vas camiñando entre dous muros xigantescos de edificios |
xoves, 19 de maio de 2011
BICENTENARIO DA BATALLA DAS PEDRAS 18-05-1811
Onte, 18 de maio, ao día seguinte da conmemoración do día das letras galegas máis galáctico que poderemos lembrar en moito tempo, adicado ao xenial Lois Pereiro, o instituto de secundaria ROU tivo o pracer de celebrar o bicentenario da independencia do Uruguai. Para tal evento recibimos unha misión diplomática encabezada pola consulesa xeral do Uruguai . Amenizaron o acto dúas voces ceibes privilexiadas: Wálter César e Ramona Báez, residentes en Vigo. No vídeo queda constancia do longo camiño que tivo que percorrer o pobo uruguayo para a súa liberación da coroa española. A vida no ROU cada vez cobra tintes máis festeiros e aínda quedan por celebrar moitos días memorables máis.
O ano pasado, lembrades?, plantamos un ceibo
xoves, 12 de maio de 2011
MUNDO LOIS

Desde a superficie dun novo
e imprevisto salvamento
Sería a luz que me alagaba os ollos
da vida roubada á morte veciña
pero todos me apalpaban incrédulos
colléndome das mans.
Todos aqueles que me amaron morto
amábanme máis vivo.
Abríranse dúas portas en direccións opostas
e escollín a que se abría cara a vida
co sol entrando a eito polas fiestras.
Tería que reanoarme
e regresar á miña propia vida
sen contaxiarme outra vez de min mesmo.
Retocaría o guión
e mudaría outra vez de personaxe
retomando a perdida
aprendizaxe.
nadal, 94
Lois Pereiro, Poesía completa, Xerais, 2011. O poema pertence a Poemas póstumos, 1992-1994
venres, 6 de maio de 2011
venres, 15 de abril de 2011
xoves, 7 de abril de 2011
NAVY BAR / Manoel Antonio
NAVY BAR
Este bar ten balances
E tamén está listo
para se facer á vela
Enchéronnos o vaso
con toda a auga do mar
para compór un cock-tail de horizontes
Pendurados das horas
atlas xeográficos de esperantos
están sen tradución
E tatexan as pipas
co ademán políglota das bandeiras.
Ese cantar improvisado
é o mesmo
que xa se improvisou nalgures
Quen chegou avisándonos
desa cita nocturna que temos
co vento ao N.E.
na encrucillada das estrelas apagadas?
Aquí de incógnito
o Mariñeiro Descoñecido
-sen xeografía nin literatura_
A noite dos naufraxios
co seu brazo salvavidas
aferrará connosco unha vela de chubascos
O vaso derradeiro
estaba cheo de despedidas
Polas rúas dispersas
iámonos fechando
cada un dentro da súa alta mar
No repouso dalgún vaso
tódalas noites naufraga o Bar
Manoel Antonio: De catro a catro, Editorial Nós, 1928
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











