Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
xoves, 10 de febreiro de 2011
A REVOLTA DOS ANIMAIS / GEORGE ORWELL
Aquí tendes o 1º dos vídeos que podedes atopar en youtube coa versión audiovisual en debuxos animados, subtitulados en portugués.
Tentaremos seguir metendo enlaces a aspectos interesantes do autor e da novela
es.wikipedia.org/wiki/George_Orwell : aquí atoparás información sobre o autor.
es.wikipedia.org/wiki/Rebelión_en_la_granja : aquí atoparás información sobre a simboloxía da obra Animal farm
venres, 4 de febreiro de 2011
XORNADAS ESGOTADORAS

É pola mañá, saio da miña casa cara ao instituto.
Como é un pouco tarde empezo a correr e correr cada vez máis rápido, e xa vou voando porque teño superpoderes.
De súpeto, pasa un paxariño polo meu lado e cando mira cara adiante, aparezo na miñla clase.
Despois de estar toda a mañá veña que dálle, vén a tarde.
Marcho para a praia e cando me meto na auga, convírtome nunha serea e percorro toda a ría nadando cos demais peixes...e estou toda contenta.
Volvo á noitiña para casa. Voume deitar moi cansa, pecho os ollos e, de súpeto, acordo contándolles o meu soño aos meus amigos.
SOÑO VERDE

Caio nun soño profundo...
Aterrizo nunha rúa con edificios moi altos de cor tella. A beirarrúa ten as dimensións dunha pista de atletismo.
Vou camiñando tranquilamente cos meus pais e o meu irmán cando albisco un ser estraño de cor verde, vestido de cor morada, que nos persegue.
Bótome a correr, aviso aos meus pais e irmáns que escapen, pero non me fan caso.
No momento en que o estraño ser me trinca coas súas mans, todo se volve de cor negra.
Volvo, de súpeto, á realidade.
Idea soñada por....POCOYO
CHUVIA COLORIDA

Estou no centro da cidade. Miro o céo e vexo todo tinguido dunha cor verde moi chamativa.
Pola estrada corren todo tipo de animais de todas as cores do arco da vella.
Empeza a chover, abro o meu paraugas.
Decátome que o que está caendo non son as habituais pingas de auga senón confeti de cores que veñen caendo lentamente das nubes vermellas.
Refúxiome da estraña chuvia nun portal e, de repente, saen del todos e cada un dos compoñentes dunha familia de coellos. Son da miña estatura e van vestidos de maneira moi elegante.
No momento en que un deles vira a cabeza para falarme...esperto!
Texto aportado por...CAIOU
MERGULLOS

Espertei no cuarto dunha amiga que tiña no colexio cando eramos pequenas. Estaba poñendo un traxe de neopreno, cando mne quixen dar conta xa estaba nadando no inmenso océano de cor azul profunda.
Comecei a sumerxirme ata chegar a unha casa, metinme dentro pola fiestra. Unha vez dentro o que levo posto é un pantalón e unha camisola brancos. Era o meu cuarto. Métome na cama e quedo a durmir.
Texto aportado por.....UXÍA
SOÑO ESCULTÓRICO

Onte tiven un soño. Un soño bo, un soño san.
Ía eu pola praia de Rodas nun día soleado e cunha brisiña refrescante.
Sen decatarme derrubei un dos castelos que construíran os nenos.
Tranquiliceinos poñéndome a facer con eles unha gran barca na area.
Puxémoslle asentos, un motor na popa, unha boa quilla, etc
Cando estabamos rematando os últimos detalles, veu un vello e, despois de admirar a obra, asegurou que era a cousa máis fermosa que vira en moitos anos.
Ofertoume traballar no seu obradoiro.
Na seguinte imaxe do meu soño eu esculpía un hotel de xeo.
Terei dotes de escultor?
Texto aportado por...DCC
xoves, 27 de xaneiro de 2011
MANÍA PERSECUTORIA
Ía eu andando pola estrada cando me decatei de que alguén me seguía todo o tempo, tamén me decatei de que se acercaba cada vez máis e levaba algo na man; por precaución botei a correr, pero o meu perseguidor botou tamén a correr. Como puiden, cheguei á miña aldea en Ourense. Mirei cara atrás e a persecución continuou ata que cheguei a casa dos meus avós e deixei de notar alguén detrás miña. Cando me quixen dar conta, tiña o meu perseguidor diante miña e a única maneira que se me ocorreu para desfacerme del foi saltar polo balcón. Pero el tamén saltou e cando pensaba que xa non había fuxida, decateime que era o meu curmán que me traía algo que esquecera na súa casa. (O último recibo da lus?)Texto aportado por......FELPS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)